¿Puidose evitar?



Hai algo máis dun mes, no Golfo de México unha plataforma petrolífera chamada Deepwater Horizon, explotou e afundiuse, deixando todo o océano dunha cor negra.  A marea negra xa se estendeu polas costas de Louisiana e está a chegar as costas de Florida.

imagen

Con esta fuga estanse a perder moitos cartos e un ecosistema, xa que morreron moitas especies e algúns animais como a balea branca están en perigo de extinción. Cando a fuga comezou intentaron de todas as maneiras tapala pero non conseguiron nada, intentaron queimar o petróleo que se situaba por riba do océano pero foi un esforzo inútil xa que non serviu de nada. Hai que destacar que o petróleo é unha  fonte de enerxía non renovable, e con esta  fuga estase a derrochar moita enerxía que puido ser aproveitada para outras cousas. Estes días pasados intentaron taponar a fuga con barro, pero non foi posible, xa que segue perdendo. Esta marea estase a converter na maior catástrofe ecolóxica da zona. Desgraciadamente, os galegos estamos familiarizados con esta catástrofe, xa que anos atrás un gran buque petrolero, o tben coñecido Prestige, afundiuse e cubriu toda a costa galega de petróleo. Neste suceso fatal acudiron milleiros de voluntarios de todos los lugares para axudar a retirar o chapapote das praias.

imagen

Feito por: Vanesa Calviño, Vanessa Alonso e Andoni Farto