O efecto invernadoiro aumentado pola contaminación: Causas e consecuencias

Sabemos que un dos principais gases de invernadoiro da atmosfera é o CO2. Este gas prodúcese en grandes cantidades como resultado da queima de combustibles fósiles que constitúen a nosa principal fonte de enerxía.  Unha das consecuencias desta forma de xerar enerxía foi o rápido incremento, da concentración de CO2 atmosférico dende a Revolución Industrial. Este incremento relaciónase co cambio que estamos observando no clima. Que clase de cambio? Un aumento progresivo das temperaturas, tanto no Hemisferio Norte como no Hemisferio Sur durante os últimos 50 anos.

O aumento de temperaturas tradúcese en precipitacións torrenciais, aumento do nivel do mar ou desertificación.Por exemplo, fai un tempo que nos veñen alertando sobre a desaparicion dos glaciares da cordilleira pirenaica antes do ano 2050.

imagen

É un dos problemas mediambientais aos que se enfronta a humanidade. As emisións de gases de invernadoiro producidas pola actividade humana reciben o calificativo de antropoxénicas.

Algunhas das consecuencias de que a contaminacion afecte ao efecto invernadoiro son:

-Nos próximos vinte anos as proxeccións sinalan un quencemento de 0,2 °C por decenio.

-Verase afectada a agricultura , debido á disminución da auga.

-Os xeos da rexión ártica prácticamente desaparecerán a finais do presente século.Esta contracción do manto de xeo producirá un aumento do nivel dol mar de hasta 4-6 m.

-Producirase un dano xeneralizado polo aumento do nivel do mar e as olas de calor, por inundaciones e sequías máis frecuentes e intensas.

imagen

 


Javier Pouso/Álex Bertrán

 

Tags: ,