Día Internacional da Biodiversidade
Ao longo da historia da vida na Terra, as especies apareceron, poboaron o planeta durante un tempo máis ou menos longo e finalmente desapareceron para sempre. Este proceso progresivo e continuo coñécese como extinción de fondo. Moi diferentes son as extinción masivas que provocan a desaparición repentina de moitas especies en moi pouco tempo. O rexistro fósil fálanos de cinco extincións en masa e destas a máis coñecida é , sen dúbida, a que tivo lugar hai 65 millóns de anos, foi provocada pola caída dun asteroide no Golfo de México e acabou cos dinosauros. Unha boa parte da comunidade científica pensa que o ritmo de extinción de especies que se está producindo na actualidade é o correspondente a unha extinción en masa, a sexta, provocada esta vez polo ser humano e o seu modelo de desenvolvemento insostible. Para camiñar na dirección axeitada podemos comezar por coidar das especies que temos máis á man, como as camariñas da imaxe. Neste día internacional da biodiversidade desexamos que os bos propósitos deste ano 2010 non caian no esquecemento cando entremos no 2011.
Tags: Camariñas, sexta extinción