UNHA ENFERMIDADE REEMERXENTE EN EUROPA: A TUBERCULOSE

bacilo.jpg

O BACILO DE KOCH

Trátase dunha enfermidade infecciosa ao igual que o cólera, a malaria e o dengue, entre outras. É causada por unha bacteria chamada Mycobacterium tuberculosis ou bacilo de Koch. Hoxe en día esta enfermidade está considerada como unha das máis prevalentes. Este caso dase sobre todo nos pulmóns, aínda que tamén pode afectar ao sistema nervioso central, ao sistema linfático, ao circulatorio, etc.

Cómo detectar a tuberculose?

Os síntomas máis habituais son tos con flema durante máis de 15 días, ás veces con sangue, febre, sudores pola noite, mareo, escalofríos e incluso pérdidas de peso. As persoas que están en contacto coa persoa afectada por esta enfermidade adoita someterse a diversas probas por si se dera o caso de contaxio.

Cómo se contaxia a tuberculose?

A través do aire, cando unha persoa afectada tose ou estornuda. Para que a infección se produza é necesario que se produza unha exposición prolongada a un enfermo de tuberculose sen tratamento.

Cal é o tratamento contra a tuberculose?

Os medicamentos esenciais máis empregados polo PNCT son : Isoniacida, Rifampicina, Pirazinamida, Estreptomicina e Etambutol.

Olalla e Vicki, 1ºBacharelato C

 

Unha resposta a “UNHA ENFERMIDADE REEMERXENTE EN EUROPA: A TUBERCULOSE”

  1. daniel_blanco Dixo:

    Un moi bo e interesante traballo rapazas!
    Parabens!