Jean Dausset, pioneiro do estudo do recoñecemento celular
O día internacional de transplantes foi o 22 de Febreiro en España. O científico francés Jean Dausset, recibiu o Nobel de Mediciña en 1980 polos seus descubrimentos sobre os transplantes de órganos. O Premio Nobel recoñeceu, concretamente , o seu traballo sobre as proteínas da superficie celular relacionadas co recoñecemento por parte do sistema inmune das células propias ou alleas ao organismo. Xa que un dos problemas que presenta o transplante de órganos é precisameno o rexeitamento inmunolóxico. Pois ben, este insigne científico, pioneiro dos estudos sobre o rexeitamento inmunolóxico , faleceu o pasado 17 de marzo, en Palma de Mallorca ós 92 anos.
O transplante de órganos foi un dos grandes éxitos da medicina do s.XX. En 1954 realizouse con éxito o primeiro transplante de ril, pero foi o 3 de decembro de 1967 cando o profesor Christiaan Barnard, nun hospital de Cidade do Cabo (Sudáfrica), asombrou o mundo enteiro transplantando o órgano máis simbólico, o corazón.
Esa terapia logrou mellorar as condicións de vida de moitos enfermos e ofrecerlles a outros a única esperanza de seguir con vida.
O transplante constitúe unha técnica médica moi desenvolvida que logra magníficos resultados nos receptores, pero precisa obrigatoriamente doadores. O doador adoita ser unha persoa en situación de “morte cerebral” ou “morte encefálica”.
Para que unha persoa se considere un posible doador é suficiente con que, en vida, lles transmitira aos familiares máis directos a decisión de que, logo da morte, os seus órganos sirvan para salvar ou mellorar a vida doutras persoas. Nalgúns tipos de transplante o doador pode ser unha persoa viva.
Tipos de transplantes:
· Autotransplante ou autoenxerto.
Algúns problemas que presentan os transplantes son:
· O rexeitamento imunolóxico: é imprescindible que o doador e receptor sexan o máis parecidos posible, que sexan compatibles; no caso contrario prodúcese o rexeitamento. Para evitar ou minimizar o rexeitamento empréganse potentes fármacos denominados inmunosupresores, que reducen de xeito drástico a capacidade de resposta do sistema inmunitario.
· A escaseza de órganos dispoñibles: España é o país con maior índice de doadores, aínda que os prazos de espera están por debaixo dos de calquera outro país, e en casos urxentes non supera os poucos días, isto non impide que sobre un 13% de pacientes en espera dun corazón ou dun fígado faleza antes de recibir o transplante.
· A imposibilidade técnica de obter determinados órganos e tecidos: Algúns órganos como o cerebro, en xeral o tecido nervioso, é imposible obtelos e transplantalos.
Se tes interese por facerte doador de órganos podes entrar nesta páxina:
Jenny,Cris e Nuria
Tags: Jean Dausset, Trasplantes