A bacteria que pode rematar en cancro: Helicobacter pylori
No ano 2005 J. Robin Warren e Barry J. Marshall recibiron o Premio Nobel de Medicina polo descubrimento desta bacteria e do seu papel no desenvolvemento da gastrite e das úlceras de estómago e duodeno.
O Helicobacter pylori é unha bacteria que se alberga no estómago. Para poder sobrevivir, segrega amoníaco e, ao ter unha estrutura espiral, apégase á parede estomacal cun efecto parafuso.
A maioría da poboación (o sesenta por cento aproximadamente), ten a bacteria sen darse conta, e nos casos de gastrite a maioría deles (o oitenta por cento aproximadamente) tamén a padecen.
Esta bacteria produce diversos síntomas, que poderían ser, por exemplo: Acidez, probablemente producida pola segregación de amoníaco da propia bacteria, malas dixestións, hernias de hiato ou úlceras gástricas ou, incluso, cancro.
Poderemos comprobar se temos esta bacteria, por exemplo cunha endoscopia, ou unha proba de alento xunto cunha analítica completa.
O seu tratamento é simple (Claritromicina, Omeprazol, Amoxicilina, e por suposto un bo protector estomacal), aínda que producen en moitos casos, algúns síntomas adversos coma dores de cabeza, mal estar xeral, ou sabor a ferro, durante os días de tratamento e, ademais non sempre xorden efecto. Para saber se eliminamos ou non a bacteria deberiamos facer unha proba de alento e unha analítica completa.
Se o resultado da proba da positivo na bacteria teremos que repetir o tratamento para eliminala.
Esta é só unha información persoal, con datos baseados na miña experiencia. Espero que sirva de axuda para darnos conta de que todo o mundo pode padecer os diversos síntomas dunha bacteria.
Aquí tedes un enlace para saber mais do helicobacter pylori e o cancro