O virus Ébola ; 7 días de vida.
O río Ébola na República Democrática do Congo da nome a esta enfermidade, xa que nel, se produciu a primeira epidemia no ano 1976. Podemos dicir que a toma de contacto dos humanos cun entorno virxe na selva de África foi a causa da aparición do virus. A maior parte deste virus está desenvolvido en África e transmítese polo contacto con líquidos corporais infectados, como a saliva, o sangue etc. Os síntomas do Ébola son febres altas, dores de cabeza e dores musculares intensas. Co paso dos días prodúcense grandes hemorraxias pola boca ou polo ano que provocan na maior parte dos casos a morte do infectado. Este virus é a causa da maioría das mortes entre simios e chimpancés. Hai diferentes cepas e brotes de Ébola dependendo do lugar onde aparezan. Esta enfermidade non ten cura nin tratamentos, soamente inténtanse controlar as hemorraxias. Aínda non hai vacina para tratar este virus xa que non se dispoñen de moitos medios, como laboratorios equipados e non se coñecen con exactitude moitos dos compoñentes do virus. Desde a aparición ata a morte do infectado hai unha media de sete días, que pode variar ata as tres semanas.
Tags: ébola