Un novo descubrimento: os “fósiles” da Vía Láctea

imagen

Recentemente foi atopado polo equipo do astrónomo italiano Francesco Ferraro un cúmulo de estrelas que poderían ocultar a orixe da nosa galaxia.

O grupo de Ferraro, en Agosto de 2008, enfocou o telescopio VLT cara a un cúmulo de estrelas pouco estudado ata o momento. Xunto con datos do telescopio Hubble, pensan que o cúmulo Terzán 5 podería ser un dos bloques cos que se construíu a Vía Láctea.

O Terzán 5 é unha reliquia dunha galaxia anana que se atopou no bulbo da Vía Láctea e que contribuíu a formar o seu centro.

Este achado reforza unha das teorías sobre a formación das galaxias, esta di que se formaron por fusión de bloques.

Co estudo doutros cúmulos observáronse máis estrelas de diferentes épocas: máis “ladrillos” da Vía Láctea.