Johannes Kepler

       Foi unha figura moi importante na Revolución Científica, astrónomo e matemático alemán. É coñecido fundamentalmente polas súas leis acerca do movemento dos planetas sobre a súa órbita arredor do Sol. No 1600, ao ser expulsado de Austria, comezou como colaborador de Tycho Brahe. Ao ano seguinte Tycho morreu e substitueuno como matemático imperial de Rodolfo II. En 1596, Kepler escribiu un libro chamado “Misterium Cosmographicum“.

LEIS DE KEPLER

Mentres estaba como colaborador de Tycho non puido acceder aos datos sobre o movemento dos planetas xa que este se negaba a darlle esa información. Pero cando Tycho estaba no seu leito de morte, Kepler accedeu aos datos da órbitas. A partir deses datos descubriu tres leis, as cales levan o seu nome:

1ª Lei: Os planetas teñen movementos elípticos arredor do Sol, estando este situado nun dos focos da elipse.

2ªLei: Os planetas, no seu percorrido pola elipse, barren áreas iguais no mesmo tempo.

3ªLei: O cadrado dos períodos dos planetas é proporcional ao cubo da distancia media ao Sol.


Pablo Vázquez García e Manuel Franco Ojea

 

Tags: