Non houbo acordo sobre o clima en Copenhague.
A conferencia de Copenhague remata deixando detrás unha enorme decepción e unha pegada de carbono considerable que ascendeu, segundo cálculos do goberno danés, a a 46.200 toneladas de dióxido de carbono, repartidas da seguinte maneira: 5.700 xeradas pola propia conferencia e 40.500 polos desprazamentos en avión dos participantes. E todo para poñerse de acordo en que é necesario limitar o aumento das temperaturas a 2ºC, pero sen fixar ningún prazo para a redución de emisións de dióxido de carbono, .
Tras o fracaso da Conferencia de Copenhague haberá que esperar un ano, ata a vindeira reunión que se celebrará en México a finais do ano 2010, para volver a propoñer obxectivos rexeitados actualmente por China e a India, como o de reducir á metade as emisións de dióxido de carbono de aquí ao 2050.
Tags: pegada de carbono