Comezou a Conferencia de Copenhague: Selemos o acordo
Xamais unha Conferencia sobre Cambio Climático suscitou tantas esperanzas como a que comezou onte en Copenhague, onde 15.000 delegados de 192 países pasaran os próximos días reunidos para falar de ecoloxía e de quentamento global. Porque para estabilizar a temperatura do planeta, é necesario reducir á metade a emisión de gases de efecto invernadoiro de aquí ao ano 2050.
Vaise tentar poñer prezo á tonelada de CO2 emitida, ou mellor dito deixada de emitir, á atmosfera. Preocupa a postura de Estados Unidos e China, responsables do 40% das emisións, hai dúbidas de que se comprometan con claridade e acepten un tratado apremiante. Por outra banda, os países do Sur reclaman como contrapartida aos seus esforzos para reducir emisións, unha axuda pública ao desenvolvemento cifrada en 100.000 millóns de dólares de aquí a 2030. Credes que moita xente é consciente de que o que nos xogamos nos próximos días é unha parte do futuro do planeta?Selemos o acordo!
Tags: Conferencia Copenhague