Luces nocturnas nos polos
A aurora é un brillo que aparece pola noite, sobre todo nas zonas polares. Chámaselle aurora boreal cando se observa no hemisferio norte e aurora austral cando se observa no hemisferio sur.
As auroras fórmanse cando partículas cargadas (protóns e electróns) procedentes do sol, son guiadas polo campo magnético e inciden na atmosfera preto dos polos. Cando estas partículas chocan con átomos e moléculas de osíxeno e nitróxeno, a enerxía que producen devólvese en forma de luz visible.
Teñen formas, estruturas e cores moi variadas que van cambiando co tempo. O osíxeno é o responsable das cores verde, amarelo e vermello forte; o nitróxeno é o responsable do azul, vermello máis claro e púrpura.
As auroras boreais non se producen só no planeta terra, pois tamén ocorren en Xúpiter e Saturno, observadas co telescopio Hubble. Tamén se detetaron en Marte pola nave Mars Express.
Tags: aurora boreal