Aínda tardaremos en ver unha boa Lúa vermella
A que sería bonita unha Lúa vermella? Pois aínda que pareza mentira isto ocorre verdadeiramente. Denomínase eclipse de Lúa, e débese a que a Terra lle oculta á Lúa a luz do sol.
As sombras que coñecemos son grises escuras, pero a da Terra grazas á súa atmósfera que refracta a luz solar, é dunha cor vermella intensa. Por isto a Lúa en lugar de ser invisible desde a Terra durante a eclipse, vese de cor vermella cobriza Para medir o grao de escurecemento utilízase a escala de Danjon.
Igual que as eclipses solares, as eclipses lunares poden ser parciais ou totais, pero a as lunares duran máis. Isto débese a que o cono da sombra da Terra e moito maior que o disco lunar. A lLúa tarda cerca dunha hora en cruzar a penumbra, nesta fase só se nota un leve escurecemento. Durante a seguinte hora cruza a sombra antes de empezar a totalidade. A sombra posúe uns bordes difusos, pero o escurecemento e moi aparente. A fase total nunha eclipse ben centrada dura aproximadamente unha hora e media. E neste período é no que a Lúa toma un cor vermello oscuro ou cobrizo.
O próximo eclipse de lúa visible en toda Europa producirase o vindeiro, 31 de decembro pero será parcial e a Lúa tocará escasamente a sombra da Terra.
Tags: Eclipse de Lúa