Axudaranos o anel xigante de Saturno a desvelar os misterios de Jápeto?
Ata agora o maior anel deste planeta, e tamén do Sistema Solar, era o denominado “E” pero a partir deste achado o novo pasou a ocupar a súa posición. A pesar do seu grande tamaño, o anel “superxigante” é prácticamente indetectable cós telescopios de luz visible, e por iso tardouse tanto tempo en descubrilo. O motivo é que as partículas que o compoñen atópanse moi separadas, con grandes distancias entre elas. O Spitzer conseguiu detectalo grazas ao rastro de pó frío que deixaba, a través do seu telescopio infravermello.
Febe, unha das lúas máis lonxanas de Saturno, orbita dentro deste anel e, segundo a NASA podería ser a fonte do material que o compón, como consecuencia do impacto de cometas sobre a súa superficie.
O descubrimento deste novo anel tamén é importante porque pode axudar a explicar a misteriosa rexión escura que cobre parte de Jápeto, outra das lúas de Saturno, e cuxo material é descoñecido.
Tags: Jápeto