Esperando ao asteroide Apophis
Apophis é un asteroide que segundo a NASA, pasará cerca da Terra entre os anos 2029 e 2036. É posible que impacte contra outros asteroides, desviando a Apophis cara a Terra, provocando un dano equivalente a 40.000 bombas atómicas.
Apophis foi descuberto o 19 de junio de 2004 por: Roy A. Tucker, David J. Tholen e Fabrizio Bernardi en Arizona (EE.UU) desde o Kitt National Peak Observatory. O 18 de decembro do mesmo ano foi visto en Australia por Gordon Garradd.
Pertence ó grupo de asteroides Atón (asteroide de semieixo maior, menor dunha unidade astronómica).Ten un período órbital de 323 días que é o que o leva a pasar dúas veces pola Terra cada volta o sol. Despois de diversos cálculos que coincidiron, Apophis pasaría o 13 de abril do 2029, brillará tanto que se verá a simple vista, desde Europa, África e o oeste de Asia. Os cálculos de probabilidade fixeron que Apophis conseguise un 4 na escala de Turín e un 1,10 na escala de Palermo, conseguindo así os valores máis altos que un asteroide conseguiu xamáis. O 27 de decembro do 2004 eliminouse calquera posibilidade de colisión no 2029, pero mantense o risco de colisión no 2036.
Tags: Apophis