Non comas hoxe as sementes coas que plantarás mañá

  O balance do paso dos últimos anos fai que nos plantexemos de maneira moi seria os efectos que ten a nosa forma de vida sobre o noso planeta.

Cos nosos costumes contribuimos a que se produza unha continuada degradación do solo, así como o quentamento global do que tanto se está a falar, xa que os maiores culpables son os gases que producimos cotidianamente, que ademais contaminan o aire urbano.

As megacidades constitúense como outro problema de sustentabilidade, o desprazamento da poboación a zonas urbanas sobre todo en puntos do litoral fai que se produzan problemas de abastecemento así como unha gran contaminación.

Por outro lado, algúns científicos falan de que na actualidade se está a producir unha extinción en masa, “a sexta extinción”  debido ó gran número de animais que se extinguen por culpa das irresponsables accións do home ( deforestación, contaminación das augas, introdución de especies non nativas…)

Outra das razóns que nos levan a preocuparnos é a cantidade de residuos que producimos, só en Europa xéranse 3.8 toneladas de residuos por persona e ano a ano e as cifras aumentan.

Aínda así, non podemos falar só das cousas negativas que facemos, tamén construímos zonas rurais e hábitas para protexer ás especies con perigo que levaron a un tratado: o Convenio sobre Diversidade Biolóxica de 1992. Ademáis, a UE propuxo unha serie de directrices coas que se puidese levar a cabo un eficiente sistema de reciclaxe e ó mesmo tempo a ONU difundiu un concepto de consumo sustentable, para referirse ás boas practicas relacionadas coa producción e o consumo, dun modo que se abastezan as necesidades humanas tendo en conta as xeracións futuras.

Así e todo, isto non é suficiente e fai falla que todos nós poñamos da nosa parte, para que fagamos de este, un mundo mellor.