Precisamos dese cambio…
A eléctricidade e unha forma de enerxía limpa e moi versátil. É a foma máis empregada na nosa vida cotiá. Prodúcese nas centrais termoeléctricas a partir da enerxía química dun combustible, ben pode ser un combustible fósil(petróleo, gas natural, carbón), biomasa ou residuos urbanos.
Estas centrais teñen importantes vantaxes, como a súa independencia fronte ás condición atmosféricas ou o seu barato transporte. Máis tamen teñen inconvintes moi destacables. Un deles son as grandes cantidades de emisións de CO2 á atmosfera, o principal gas do efecto invernadoiro. As que utilizan carbón ou derivaodos do petróleo xeran óxidos de nitróxeno e xofre, causantes da chuvia ácida e moi contaminantes e as centrais de carbón producen amais emormes cantidades de residuos sólidos.
Todas estas son boas razóns para pouco a pouco deixar de lado estas fontes de enerxía, xa que como sabemos, non son renovables e esgotaranse. Para suplilas, xa hai moitos tipos de novas fontes de enerxía, as chamadas “enerxías verdes”. Aquelas que se consomen a un ritmo menor do que se renovan pola natureza. Son o Sol, a biomasa, as fontes hidráulicas e o vento.
Actualmente xa se están facendo aproveitamentos destas para así axudar a noso consumo a á vez ilas mellorando para facer delas as nosas fontes de enerxía convencionais. Pódense aproveitar no día de oxe mediante equipamentos específicos no edificios: os máis importantes son os paneis solares para a recollida de enerxía solar, pequenos aeroxeradores para a enerxía eólica ou caldeiras de biomasa.