Coidado coa onda…

O terremoto oceánico do 2004, coñecido como o terremoto de Sumatra-Andamán foi un terremoto submarino que ocorreu  o 26 de decembro do 2004 na costa oeste de Sumatra, Indonesia.  O terremoto ocasionou unha sere de tsunamis  devastadores ó longo das costas da maioría dos países que bordean o Océano Índico, matando a moitas persoas e destruíndo todo canto se poñía no seu paso, ademais de producir graves inundacións polas costas de case todo o sur e sueste de Asia. Unha análise recente feita pola ONU estima un total de 229.866 pérdidas humanas.A magnitude do terremoto foi rexistrada na Escala de Richter  cun 9.0 pero logo aumentouse ata o 9.3. durou de 8,3 a 10 minutos, o tempo suficiente para que o planeta enteiro vibrara madia polgada ou case un centímetro. Foi de tan grande magnitude que mesmo se rexistraron terremotos en lugares como Alaska. O terremoto tivo a súa orixe no Índico. O tsunami resultante devastou as costas de Sri Lanka, da India, de Tailandia e de outros países con ondas que acadaron os 30 metros. Como dato curioso, cabe destacar que unha persoa de Sudáfrica foi víctima mortal do suceso, debido as grandes ondas que chegaron alá (8000 km do epicentro). Como resultado desta catástrofe natural, recibiuse unha resposta humanitaria extensiva. En total, a comunidade mundial doou máis de $ 7 millóns en axuda para os afectados.  Asi que xa sabedes, cando vexades que a marea baixa sen avisar rápidamente ou que se acerca unha onda de tamaño non normal, botade a correr e protexédevos como poidades, porque o final pode ser desastroso.  

 

Tags: ,