H1N1 + H5N1 = malas noticias

imagen

Un virus é basicamente un pouco de material xenético envolto nunha cuberta proteica. A gripe é unha enfermidade vírica debilitante que pode matar, transmítese con moita facilidade polo aire e ten unha enorme capacidade de cambiar ano tras ano, o que obriga á continua modificación das vacinas que se utilizan para previla. Existen distintos tipos de virus de gripe e noméanse segundo dous tipos de moléculas que levan na súa superficie: Hemaglutinina (H) e Neuraminidasa (N). Os virus da gripe que afectan a distintas especies poden combinar o seu material xenético e dar lugar a novos virus da gripe cunha mestura de características dos virus iniciais. Unha das posibilidades que máis preocupa neste momento ós expertos da OMS que analizan a evolución da epidemia de gripe nova, que se encontra neste momento en fase de prepandemia, é precisamente que o virus H1N1 que xa se encontra en Asia, entre en contacto e se recombine co mortífero virus da gripe aviar H5N1.

 

 

 

 

Tags: ,