Células nai en neurocirurxía
Ata fai poucos meses, calquera persoa que sufrira un accidente da gravidade suficiente coma para ter que ser transpalntada de medula podían correr un risco importante de incompatibilidade por non falar dos problemas que poderían surxir no complicado proceso quirúrxico. Dende que se comezou a estudar a rexeneración de células nerviosas por medio das células nai, crése poder solucionar este problema. Aínda que os transaplantes non supoñan en si un problema (sempre e cando todo sexa correcto), nalgúns casos coma o de medula espiñal, é moi dificil atopar doadores e isto, sumado ó problema da incompatibilidade, pode causar un gran prexuízo á saúde do enfermo. Ista é a razón de que a investigación coas células nai aplicada ás células nerviosas sexa moi proveitosa. Célebre é o caso de Vladimir Khomitchou, un bielorruso residente en España que en 2001 sufiriu un grave accidente de tráfico polo cal quedou nunha cadeira de rodas para sempre.Grazas á investigación de científicos con células nai, os médicos cambiaron o seu dignóstico inicial; pasou de non poder moverse e falar nunca máis, a ter esperanzas de andar algún día.
Outra das enfermidades que afectan ó sistema nervioso é o Parkinson. Esta coñecida enfermidade está presente nun importante porcentaxe dos nosos maiores e aínda non ten cura (pois o seu tratamento está baseado na prevención dos seus síntomas). Pois agora xa podemos atopar solución a esta enfermidade grazas, novamente, á investigación con células nai. Este tratamento aínda non foi probado en seres humanos pero xa foi probado en primates enfermos de Parkinson e os resultados foron moi prometedores. O doutor Eugene Redmond da Universidade de Yale asegurou con certeza que este procedemento será aplicable ós humanos en poucos anos.