PROS E CONTRAS DAS CÉLULAS NAI

                                 

 

Recentemente houbo moita controversia na prensa acerca dos pros e os contras da investigación das células nai. Elas ofrecen moita esperanza para os avances médicos debido á súa habilidade para transformarse en calquera clase de célula. Por exemplo, células neurais do cerebro e da espiña dorsal que sexan danadas poden ser substituídas con células nai. No tratamento do cancro, células destruídas pola radiación ou quimioterapia poden ser substituídas con células nai saudables que se adaptan á parte afectada, sexa do cerebro, corazón, fígado, pulmóns ou de calquera parte.
Existen tres fontes principais para a obtención de células nais: células adultas, células do cordón umbilical, e células embrionarias. As células nai adultas poden ser extraídas tanto da medula espinal como do sistema periférico. As células nai tomadas do cordón umbilical son unha segunda fonte moi rica de células nai. As células umbilicais poden tamén ser perfectamente compatibles cando a familia fixo plans por adiantado. As células do cordón umbilical son extraídas durante o embarazo e almacenadas en bancos de células criogénicas
As células embrionarias son extraídas directamente dun embrión antes de que as células do embrión comecen a diferenciarse. Nesta etapa o embrión é chamado “blastocisto.” Hai preto de 100 células nun blastocisto. Unha gran porcentaxe destas son células nai, as cales poden manterse vivas indefinidamente, madurándose en cultivos, onde as células nai continúan duplicándose en número cada 2-3 días.
Aqueles que valoran a vida humana desde o momento da concepción opóñense á investigación de células nais, porque a extracción das células nai deste tipo de embrión require a súa destrución. Noutras palabras, require que unha vida humana sexa destruída. Algúns cren que isto é o mesmo que asasinato. Defensores da investigación conclúen que moitas células humanas fertilizadas xa foron almacenadas, pero non están dispoñibles para investigación e tamén afirman que non serán creadas novas vidas humanas co único propósito de experimentación.

 

salu6.jpg