Unha alternativa aos transplantes


A medicina rexenerativa pode supoñer no futuro a alternativa a técnica actual de transplantes, isto podémolo conseguir mediante as chamadas células nai. Estas células obtéñense da médula ósea ou do cordón umbilical e empréganse para tratar diversos trastornos. As perspectivas futuras para a utilización de células nai son inmensas: desde a produción de células pancreáticas para o diabete; células cardíacas para reparar as zonas mortas tras un infarto; a obtención de neuronas para tratar enfermidades coma o párkinson ou o alzhéimer ou para reparar lesións medulares. Neste caso falaremos da utilización das células nai para o tratamento de enfermidades hepáticas.

Científicos das universidades de Granada e León confirmaron que as células nais procedentes do sangue do cordón umbilical humano poden servir como unha terapia adecuada para o tratamento destas enfermidades hepáticas, como por exemplo a hepatite. Esto supón unha alternativa eficaz á medúla ósea. Estas células mononucleares do sangue do cordón umbilical son útiles para a rexeneración do figado. As células nais aníñanse con moita facilidade ás paredes do fígado tras realizar un transplante de humano a rata. Nestas inxectouse variedades de hepatites provocadas por D-galactosamina.

Os ciéntificos explican que tras este experimento houbo unha mellora tanto nos tecidos danados coma na función hepática. O tratamento actual nas enfermidades hepáticas consiste no transplante de fígado. Nembargantes, este tratamento está limitado pola escaseza de órganos doantes. O desenrolo de alternativas coma esta é fundamental da investigación actual para mellorar o sufrimento de moitos enfermos.