Un novo material de propiedades extraordinarias: o grafeno
O grafeno é un novo material obtido a partir do grafito. Como podedes ver na imaxe é unha lamina plana, dun átomo de espesor, formada por aneis hexagonais de átomos de carbono enlazados. Sábese que os cristais puros e perfectos deste material conducen a electricidade, a temperatura ambiente, a maior velocidade que calquera substancia coñecida, ademais é o material máis delgado xamais obtido, enormemente forte e ríxido, e o máis duro que existe. Aínda é cedo para pensar nas aplicacións dun material tan recente como o grafeno, pero xa se adianta o seu posible uso na fabricación de pantallas intelixentes, transistores ultrarrápidos e computadores de punto cuántico.
Tags: grafeno, Nanotecnoloxía, punto cuántico
Martes 3 de Marzo do 2009 ás 17:44
penso que este novo material non nos deberia sorprender tanto xa que ca nonotecnolaxia en pouco temppo apareceran moitos materiais como este