Que é o desenvolvemento sostible?

Vivimos nun planeta que dispón de recursos suficientes para satisfacer as necesidades de tódolos seres humanos que o habitamos. Falamos de necesidades básicas de alimentos, roupa, vivenda ou transporte, entre outras. Agora ben, a Terra, aínda sendo inmensamente rica, non contén recursos suficientes para satisfacer a nosa cobiza, a nosa demanda implacable dun número cada vez maior de bens de consumo que acumulamos e renovamos sen ningún control. Consideramos que vivimos moi ben e non estamos dispostos a renunciar á nosa forma de vida.

O termo desenvolvemento sostible alude a posibilidade de, introducindo cambios moi importantes, conseguir unha boa calidade de vida para todos e todas, sen poñer en perigo as necesidades das xeracións futuras. Porque o planeta Terra non nos pertence, só estamos aquí de paso. Como ben nos explicou Darwin, o ser humano é un ser vivo máis. De sobra o sabía o xefe indio Noah Sealth. No seguinte vídeo podedes escoitar a carta que lle enviou en 1854 ao presidente dos Estados Unidos( ao que o xefe indio chama, gran xefe de Washington), Franklin Pierce  quen lle comunicara a intención do seu goberno  de desaloxalos das súas terras para metelos nunha reserva.


Queredes saber que superficie de terreo e de océano é necesaria para fornecer tódolos recursos que consumes e recibir os residuos que produces?Que vos parece se calculades a vosa pegada ecolóxica?

 

Tags: , ,

2 Respostas a “Que é o desenvolvemento sostible?”

  1. diego_vieites Dixo:

    non considero correcto que boten a xente dunha zona na que viviron todos os seus antepasados para facer calquera cousa dende unha via de tren ata un explotacion petrolifera

  2. deborah_romero Dixo:

    A reflexión do xefe indio que escribe na carta para o presidente dos Estados Unidos pareceme moi boa e acertada para intentar convencer o “home blanco” de que non destrúa a natureza.