O SRAS
Fai algúns anos escoitamos falar en China dunha enfermidade con milleiros de afectados aínda que descoñecida ata aquel momento.
Estamos a falar do SRAS (Síndome Respiratorio Agudo Severo) que a OMS rexistrou na primavera do 2003 como nova enfermidade. Foi unha verdadeira epidemia que afectou a varios países pero de maneira máis grave a China, causando case 700 mortos dos miles de afectados pola enfermidade. Naqueles días non era difícil atoparse en Hong Kong a centos de persoas con máscaras pola rúa. E é que esta enfermidade non ten unha clara forma de transmisión pero críase que podería ser polo contacto directo coa persoa infectada. Ata que se comezou a investigar a enfermidade non se distinguían os síntomas do SRAS de calquera outra enfermidade: febre alta, dores de cabeza, tose seca,…
O avance da enfermidade era xigante e era difícil atopar unha solución rápida: cada día que pasaba morrían dez ou vinte afectados. Tomáronse medidas coma o illamento dos infectados aínda que as autoridades sanitarias recomendaban o uso de máscaras para as persoas non infectadas que circulaban por lugares públicos como a rúa, os autobuses ou os metros.
A eficacia dos medios de comunicación (televisión, revistas médicas, radio,…) serviu para que a poboación civil tomara conciencia dos perigos da enfermidade e como facer para estar previstos ante un posible contaxio. Isto supuxo un claro exemplo de como sería unha epidemia no século XXI e como a xente estaría preparada grazas á importante labor dos medios de comunicación.
Polo momento non se dispón dun tratamento específico para o SRAS nin de ningunha vacina pero trátase ós afectados co mesmo tratamento que unha neumonía atípica.
Tags: SRAS
Luns 16 de Febreiro do 2009 ás 10:21
Moi ben, Nicolas, boto de menos algunha referencia ao virus SRAS. Que che parece se engades un enlace con este dato?