Vaia gripallada!!!!
A gripe española de 1918, tamén chamada O Pesadelo ou A Cascuda, foi unha pandemia de gripe de moitísima gravidade, causada por un virus que matou entre 50 e 100 millóns de persoas de todo o mundo.
Crese que a orixe desta pandemia está en Kansas, Estados Unidos. Os aliados da Primeira Guerra mundial puxéronlle este nome porque en España, a prensa fíxolle máis caso que en outros lugares do mundo.
Para o estudo desta pandemia, os científicos emplearon texidos de víctimas conxeladas, e unha das conclusións que se sacaron foi que o virus mata a causa dunha tormenta de citocinas.
Estímase que padeceron esta gripe a redor do 20% do toda a población mundial. Puido matar a 25 millóns de persoas en 25 semanas, mentres que o SIDA matounas en 25 anos.
A Primeira Guerra Mundial axudou a que esta enfermidade se estendese, pois a cercanía dos cuartéis e os movementos masivos de tropas favoreceron a súa propagación.
Fixéronse numerosos experimentos para reconstruír este virus a partir do virus inicial, para comprender a forte virulencia desta gripe.
Algunhas das víctimas máis famosas desta gripe foron Guillaume Apollinaire, o neto da emperatriz Sissi, Franz Kart Salvador ou Harold Lockwood entre outros.
Venres 6 de Febreiro do 2009 ás 14:07
eso do SIDA é unha enfermidade moi seria, espero que apareza unha solución para este virus que mata tantas persoas.Por outra parte, nunca escoitara falar deste virus da gripe tan forte.
Luns 16 de Febreiro do 2009 ás 10:14
Moi ben,Sara e Ruben, tedes que arregrar o enlace de tormenta de citocinas. Que vos parece engadir uns enlaces coas vidas dos persoeiros mencionados no post?