A “tuberculose” - tamén chamada tise pulmonar ou “doenza do peito” - é unha das doenzas infecciosas documentadas desde a máis longa antigüidade e que continúa a aflixir a humanidade hoxe en día. Estímase que a bacteria causante evolucionou hai 15.000 ou 20.000 anos, a partir doutras bacterias do xénero Mycobacterium.
O causante da tuberculose (máis precisamente, da tuberculose pulmonar) é o Mycobacterium tuberculosis (MTB) tamén coñecido como bacilo de Koch, en homenaxe ao seu descubridor, o médico alemán Heinrich Hermann Robert Koch. É un bacilo (bacteria en forma de bastón) que pode resistir a desinfectantes débiles e pode sobrevivir en medio seco durante semanas, porén, só consegue desenvolverse no organismo dun hospedador.
Grupos de Mycobacterium tuberculosis
poden ser vistos nitidamente neste cultivo.
Por conta dos seus variados síntomas, a tuberculose non era identificada como unha única doenza ata á segunda década do século XIX, e non era chamada de tuberculose ata ser bautizada en 1839 por X.L. Schoenlein. Algunhas formas da doenza probabelmente eran coñecidas deste a Grecia antiga. Koch presentou un extracto de glicerina co bacilo da tuberculose como un “remedio” para a doenza en 1890, chamándoo tuberculina. Este remedio non foi eficaz, porén, foi máis tarde adaptado por von Pirquet para un teste para tuberculose presintomática. O primeiro suceso xenuíno de vacinación contra a tuberculose foi desenvolvido a partir de liñaxes atenuadas da tuberculose bovina, e criado por Albert Calmette e Camille Guerin en 1906.
A tuberculose causou enorme preocupación pública no século XIX e no inicio do século XX, como a doenza endémica entre as clases pobres das cidades. Na Inglaterra de 1815, unha entre catro mortes eran debido á tísica pulmonar; por volta de 1918, unha de cada seis mortes en Francia aínda era causada pola tuberculose. Despois de ter ficado claro, por volta de 1880, que a doenza era contaxiosa, a tuberculose se tornou unha doenza de notificación obrigatoria na Gran Bretaña.
É unha das máis importantes doenzas infecciosas actuais, que ata hoxe afecta a millóns de seres humanos, e despois do xurdimento da SIDA/AIDS a súa diseminación voltou a medrar.
Luns 16 de Febreiro do 2009 ás 10:05
Sara, grazas polos interesantes datos que aportas sobre a historia da tuberculose. Segue traballando tan ben como ata agora.