A Malaria
A Malaria é unha enfermidade causada por un parasito do xénero Plasmodium. Hai máis de 150 especies Plasmodium, pero de elas só catro poden infectar ao home, como o Plasmodium falciparum ou o Plasmodium vivax.
É un problema global que afecta a máis de 100 países, a metade da poboación mundial vive en risco de adquirila. A cada minuto que pasa de 3 a 5 nenos morren desta enfermidade, cada ano mata tanta xente como a sida matou durante os últimos 15 anos.
Transmítese pola picadura dun mosquito do xénero Anopheles infectado por un Plasmodium. Soamente as femias se alimentan da sangue polo que son as responsables da transmisión da enfermidade. Cando o mosquito pica a unha persoa, os paraitos multiplícanse no tubo dixestivo e desenrólanse nas glándulas salivares.
O primeiro síntoma desta enfermidade é a febre, produto da destrución de glóbulos vermellos, e pode chegar facilmente aos 41º.
A malaria pode complicarse máis. Existe a malaria cerebral, que é forma máis temida da enfermidade, a vítima queda en coma e se esperta del pode quedar con danos cerebrais permanentes. A persoa contaxiada pode morrer 24 horas despois de presentar os primeiros síntomas, é dicir , antes de poder chegar ao médico. outra complicación é a anemia, que se da pola destrución dos glóbulos vermellos, e supón un grave risco para a vida da persoa que a padece. Tamén se poden dar falla renal ou pulmonar.
As mulleres embarazadas están máis expostas a complicacións, porque o sistema inmune está máis debilitado. Teñen 4 veces máis posibilidades de coller unha malaria cerebral. A metade das mulleres sobrevive pero a febre extrema provoca abortos espontáneos.
Existen métodos para evitar a malaria pero ningún deles pode resultar totalmente efectivo. A veces, a pesar de tomar os medicamentos profilácticos precisos adecuadamente non se evita collela.
Tags: Anopheles, malaria, Plasmodium
Luns 16 de Febreiro do 2009 ás 10:10
Moi ben Laura,conseguiches uns datos moi interesantes, hai varios enlaces de interese e expuxeches con claridade os efectos da enfermidade.