UN FÍSICO DE PARTÍCULAS NO IES PRAIA BARRAÑA
O pasado venres, 30 de xaneiro tivemos o privilexio de que un antigo alumno do centro, o profesor da Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela, Juan José Saborido Silva nos impartise unha conferencia sobre física de partículas. A actividade foi organizada polo Departamento de Física e Química. Dun xeito ameno, Juan que fixo a súa Tese de Doutoramento no CERN, ofreceunos a visión e o coñecemento dun especialista sobre algúns dos conceptos que estudamos ao principio do curso, como quarks, hadróns, bosóns, ou bosón de Higgs. Así viaxamos outra vez ao mundo misterioso que se atopa no interior dos átomos.
Tags: bosón de Higgs, bosóns, CERN, física de partículas, hadróns, quarks
Luns 2 de Febreiro do 2009 ás 9:58
Eu son de artes pero tiven a oportunidade de asistir e podo dicir, que ainda que ao principio non tiña ganas de ir, pareceume moi interesante, e non era moi dificil de entender o que expoñía. Pero o que me chamou a atención foi o proxecto de aceleración de partículas.