2009 Ano Darwin

imagen

Charles Darwin, naceu en 1809 e en 1859 publicou o libro que cambiaría para sempre o estudo da vida na Terra. Gustariavos lelo en versión orixinal? Mesmo na súa primeira edición?. Si? pois adiante coa Orixe das Especies. O vídeo que tedes a continuación resume os fundamentos da Teoría da Evolución por Selección Natural de Darwin. Cales son? Darwin é consciente dalgúns puntos débiles da súa teoría evolutiva. Poderiades sinalar polo menos un?


 

Tags: , ,

7 Respostas a “2009 Ano Darwin”

  1. cristian_rodriguez Dixo:

    este video da evolución pareceunos moi interesante. O traballo de darwin e mendel avanzou moito as invenstigacións acerca das especies.

    Firmado:
    Cristian Rodríguez
    Sara Casqueiro
    Sara Hermo
    Elizabet Lustres
    Tamara Laíño

  2. eva_fernandez Dixo:

    Isto a verdade é que é moi interesante, nisto estamos todas os compoñentes do grupo de acordo: María Tubío(1ºC), Alicia Fontán, Antía Silva, Eva Fernández. Ao comezo desta aventura nunca pensamos que poderiamos chegar a aprender unhas cousas tan interesantes e profundas, a verdade é que nunca pensamos que nos puidéramos chegar a integrar neste noso blogue.

    Centrandonos no tema que hoxe nos ocupa, mencionar que o video nos pareceu moi interesante, intenso, atraente e profundo. Iso de saber como foi o comezo da nosa grande historia neste noso mundo. Este gran video aportanos sabedoria e ilusion polo comezo da vida. Agora ben, en definitiva este video inspirounos a hora de facer este noso gran comentario, porque como somos de letras e non nos enteramos moito do noso cercano mundo da ciencia pois quixemos extendernos no noso gran comentario. esperamos profundamente que sexa do voso agrado e que estea a vosa altura este noso comentario. Moitas grazas por este pequeno recuncho de atención cara nos.

  3. deborah_romero Dixo:

    Déborah Romero y Sara Silva:
    1
    -Nacen máis individuos dos que poden sobrevivir xa que o alimento é escaso.
    - Hai diferencias entre os individuos dunha mesma especie.
    -Sobreviven os individuos coas características máis adecuadas para o medio que ocupan, prodúcese unha selección natural.
    - Os individuos que sobreviven transmítenlle as súas características á descendencia, polo que a poboación cambia gradualmente.
    -Darwin dicía que as transformación non as decidían as especies senón que era un acto producido polo medio.

    2
    Se a evolución fose algo gradual, como dicía Darwin, atoparíanse fósiles en estado cambiante, e dicir, teríanse que encontrar individuos da mesma especie en distinto proceso evolutivo.

  4. david_fajardo Dixo:

    david: non temos datos suficientes para verificar a súa teoría (ó menos por agora)

    laura: paréceme realmente increíble pensar que fai 150 anos un escritor con tan poucos medios puidese elaborar unha teoría que hoxe en día todavía non fomos quen de rebatir.

    Moncho: uno de los puntos en los que la teoría darwiniana flaquea es en la desaparición de los miembros no necesarios, ya que especies como la humana conservan órganos no necesarios como el apéndice, que son restos de órganos maiores que tivemos noutras fases da evolución, e que sen embargo todavía non dedsapareceu do noso organismo nestos miles de anos. También flaquea en cuanto a la extinción de las especies que poseen unas cualidades desfavorables ante el medio, ya que algunas simplemente se adaptan a él, y otras especies, por la contra, pese a estar adaptadas se extinguen por diversas razones.

  5. noelia_lojo Dixo:

    o noso comentario

    Deste comentario, que esperamos que che guste moito, as autoras somos Noelia e Montse, de 1ºc.

    Este noso blogue mola un montón xa que podemos aprender e entender moitas cousas que non esperabamos este ano. O primeiro tema da materia non era demasiado interesante, o cal quere dicir que este nos gusta moito máis, e é bastante máis fácil de comprender.

    Creemos que Darwin e Lamarck non eran guapos pero eran moi listos e moi traballadores. Tamén debo dicir que as súas teorías están moi ben e que de maiores queremos ser coma eles. Sin máis dilacións damos o noso comentario por rematado.

  6. nicolas_casas Dixo:

    - Fundamentos da Selección Natural: a selección natural sostén que os individuos foron evolucionando co tempo e só quedaron os que podían sobrevivir nas condicións que o medio requería así pois sostén que os cambios entre os individuos dunha mesma especie non están suxeitos ás condicións do medio senón que este cambio sempre o houbo: perseveraron as especies que puideron adaptarse ó medio.

  7. tamara_perez Dixo:

    Sonia e Tamara

    As ideas básicas da teoría evolutiva de Darwin son:
    -Nacen máis individuos de calquera especie dos que poden sobrevivir.Se non fora así habería unha superpoboacion e calquera especie podería invadir a Terra.
    -Entre os individuos de calquera especie existes variacións ou diferencias herdables.
    -Prodúcese unha selección natural:so sobrevivirán aqueles que posúan algunha variación que lles proporcione vantaxe con respecto aos seus conxéneres.
    -A poboación cambia:os individuos que sobreviven son os que teñen descendencia e a ela transmítenlle a variación. Como consecuencia, a poboación cambiará gradualmente.

    No entanto, hai algúns puntos débiles que non respaldan ó cen por cen a súa teoría, como por exemplo:as especies cambian o longo do tempo e intentar encaixar un individuo fósil ou vivo nun patrón cerrado non reflexa a realidade biólóxica.

    En xeral,cremos que este blogue é moi interesante tanto para a xente de ciencias,como para o resto das ramas. Pensamos que esta asignatura é beneficiosa xa que todo mundo debería acercarse algo a ciencia xa que é unha parte da cultura moi abandonada.