E nisto chegou Stanley Miller
Como xa dixen, non vos criades a síntese prebiótica. Mesmo alguén exclamou: iso si que nunca se poderá demostrar! Pero ai estaba o experimento de Miller. A que non o esperabades?Ímolo repasar contado por Carl Sagan.
Para rematar, a historia dunha bacteria que nos ensina que a vida é teimuda e se empeña en saír adiante nas condicións máis difíciles. Presentámosvos á chamada bacteria do centro da terra Desulforudis audaxviator. Por certo, os futuros especialistas en grego e latín, a ver se nos traducides este curioso nome, e os demais intentade atopar algunha pista no artigo!
Sábado 18 de Outubro do 2008 ás 11:05
Moi ben
Sábado 18 de Outubro do 2008 ás 12:36
Desde aquí opinamos que o traballo de Miller foi orixinal, atrevido e innovador…pero, houbo casualidade??? Non sei se se poideron construír novas moléculas orgánicas no laboratorio desde aquela….
Quizáis habería que buscar a orixe da vida noutros lugares…. Que vos parece a teoría das fontes hidrotermais do fondo dos océanos??
En xeral, os contidos están moi ben
Lamentamos non ter audio para poder escoitar os videos
Sábado 18 de Outubro do 2008 ás 12:42
A teoría das fontes hidrotemais nos amosa un enclave máis favorable para que se dean as condicións do experimento de Miller.