Vaia semaniña!
Esta semana os alumnos e alumnas de ciencias para o mundo contemporáneo estivestes especialmente críticos. Cuestionastes todo tipo de teorías e hipóteses científicas empezando pola do Big-Bang até chegar á da síntese prebiótica.
Mais tamén amosastes a vosa capacidade de traballo presentándonos a tres fascinantes mulleres científicas: a astrónoma Annie Jump Cannon, a física e matemática Lillian Margarita Ávarez-Díaz (claro que hai científicos e científicas no Caribe!) e a médica e Premio Nobel de medicina Gerti Cory. Esperamos que os vosos traballos se transformen pronto en posts.
Imos cun vídeo do Big-Bang.
Sábado 18 de Outubro do 2008 ás 12:25
Hola parécenos moi interesante este post.
Moito ánimo e seguide traballando.